Xeometría
A xeometría é unha rama das matemáticas que trata o estudo das propiedades das figuras no plano ou no espazo 1, incluíndo: puntos, liñas, planos, politopos (incluíndo paralelos, perpendiculares, curvas, superficies, polígonos, poliedros, etc.).
É a base teórica da xeometría descriptiva ou do debuxo técnico. Tamén dá base a instrumentos como o compás, o teodolito, o pantógrafo ou o sistema de posicionamento global (especialmente cando se considera en combinación coa análise matemática e especialmente coas ecuacións diferenciais).
As súas orixes remóntanse á solución de problemas concretos relacionados coas medidas. Ten a súa aplicación práctica en física aplicada, mecánica, arquitectura, xeografía, cartografía, astronomía, náutica, topografía, balística, etc.

Ningún comentario:
Publicar un comentario