Medicina
Estudar a carreira de medicina na cidade da Coruña
O Departamento de Medicina da Universidade da Coruña creouse en 1997, adscrito á Facultade de Ciencias da Saúde. Está formada por preto de 35 profesores, estudantes e persoal auxiliar, cunha intensa actividade docente e investigadora nas áreas de coñecemento da Anatomía e Embrioloxía Humana, Cirurxía, Fisioloxía, Medicina, Otorrinolaringoloxía, Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física.
O profesorado imparte diferentes titulacións con contidos do ámbito da medicina, principalmente nas facultades de Ciencias da Saúde, Educación e Ciencias do Deporte e Educación Física, Fisioterapia e Enfermería e Podoloxía. Tamén nos programas de doutoramento e masters interuniversitarios oficiais.
Ten unha importante actividade de investigación en varios grupos, que se traduce no rexistro de patentes e publicacións en revistas científicas de prestixio.
https://www.google.com/search?q=medicina&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwjaj6fAt-bfAhXlDmMBHdeuDeAQ_AUIDigB&biw=1366&bih=657#imgrc=kooVkX-vL3PWxM:
Ningún comentario:
Publicar un comentario