venres, 11 de xaneiro de 2019

Álvaro Cunqueiro 

Álvaro Cunqueiro Mora, nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelistapoetadramaturgoxornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega. En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Foi membro de primeira hora do Partido Galeguista. A sublevación dos militares sorprendeu a Cunqueiro en Mondoñedo, e por influencia da súa familia, moi conservadora, non foi obxecto de represalias e conseguiu praza de profesor nunha escola privada en Ortigueira, á que chegou en outubro de 1936. Colaborou na publicación local falanxista Era Azul, militou na Falanxe Española durante a guerra civil tendo o cargo de xefe de Prensa e Propaganda comarcal. Jesús Suevos, o xefe territorial da Falanxe en Galicia e director de El Pueblo Gallego pediulle en 1937 que entrase na redacción do xornal como encargado da parte literaria e colaborador de asuntos actuais; Álvaro aceptou e marchou para Vigo. Durante a súa estadía en Vigo tamén ensinou, durante un curto período de tempo, portugués no instituto da cidade.
Foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poético, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Na liña vangardista, iniciou o neotrobadorismo cos poemarios Mar ao norde (1932) e Poemas do si e do non (1933); Cantiga nova que se chama Riveira (1933) escribiuna baixo o influxo do trobadorismo da lírica galego-portuguesa medieval.


Resultado de imaxes para alvaro cunqueiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bitcoin y Blockchain Dinero digital , sí estás leyendo bien. La primera se trata de una  criptomoneda  y la segunda es el  sistema de co...