O feminino nos substantivos
Son substantivos femininos os rematados en
- -axe: aldraxe, aprendizaxe, carraxe, ramaxe, agás axe, balaxe, bricolaxe, garaxe, paxe e traxe (malgaxe, personaxe e salvaxe poden ter os dous xéneros).
- -se: análise, trombose, cirrose, mímese, con excepción de envase, (des)interese, morse, (tras)pase, ucase, valse e os rematados en -nse.
- -ite: apendicite, bronquite, gastrite, (son de orixe grega); os masculinos son escasos e teñen distinta procedencia: convite, desquite, envite, satélite.
- -(i)tude: altitude, aptitude, magnitude.
- -ade: lealdade, vontade, bondade, señardade, claridade, agás frade, trade e xade.
Outros substantivos femininos:
A ábsida. A aguia. A análise. A apocalipse. A apócope. A apóstrofe. A árbore. A armazón. A arte. A augardente. A cal (canle). A calor. A canle. A carraxe. A color. A contraorde. A cor. A cute. A dolor. A dor. A eclipse. A fame. A fin (=final). A final (=última proba dunha competición). A fraude. A friaxe. A mansedume. A orde. A orixe. A paisaxe. A paréntese. O/a personaxe. A pez. A ponte. A psicodrama. A pube. A reuma. A samba. A sentinela. A servidume. A síncope. A síndrome. A suborde. A suor. A véspera. A viaxe. A xénese.

Ningún comentario:
Publicar un comentario