http://www.edu.xunta.gal/centros/iessantomefreixeiro/system/files/FON%C3%89TICA%20E%20FONOLOX%C3%8DA.pdf
venres, 19 de outubro de 2018
Fonética
Fonética e fonoloxía son dúas disciplinas que se ocupan do estudo dos sons desde perpectivas distintas pero
complementarias.
Situada nos eidos da física e a fisioloxía, a fonética é a disciplina que se encarga do estudo dos sons (e as súas
combinacións) como material acústico que constitúe a substancia da expresión da linguaxe humana; describe os
seus compoñentes acústicos: ton, intensidade, cantidade ou duración e timbre, e ocúpase ademais dos mecanismos
de produción (articulación) e percepción dos sons: fonación, órganos que interveñen no proceso e as características
das ondas sonoras.
Dous son os tipos de sons dos que se ocupa a fonética:
1.- Os sons da fala ou realizacións concretas dun individuo ó longo da súa vida, teoricamente infinitas e
condicionadas pola idade, o sexo, as peculariedades do seu aparello fonador,…
2.- Os sons da norma, realizacións concretas condicionadas polo contexto fonético e comúns a todos os falantes
dun idioma. Reciben o nome de variantes combinatorias ou alófonos.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessantomefreixeiro/system/files/FON%C3%89TICA%20E%20FONOLOX%C3%8DA.pdf
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessantomefreixeiro/system/files/FON%C3%89TICA%20E%20FONOLOX%C3%8DA.pdf
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Bitcoin y Blockchain Dinero digital , sí estás leyendo bien. La primera se trata de una criptomoneda y la segunda es el sistema de co...

-
Ingeniería Industrial Antes de empezara a hablar sobre esta carrera universitaria , me gustaría comentaros que mi hermano está actualmen...
-
Vectores Un vector ten: Unha dirección A dirección do vector é a dirección da liña que contén o vector ou de calquera liña paralela a e...
Ningún comentario:
Publicar un comentario